A Escola

A Escola Javi Pita nace coa idea de acompañar no seu proceso de mellora aos xóvenes deportitas que lles apasiona a idea de ser porteiros.

Nela traballarase de forma específica e individual os distintos aspectos propios do posto de porteiro, así como, as habilidades físicas básicas que calquera xoven deportista debe desempeñar para ter unha vida saludable.

Os adestramentos transcurrirán no Complexo deportivo San Lorenzo e traballarase en grupos reducidos de un máximo de 4-6 porteiros garantizando así que a sesión de adestramento é o máis eficiente posible.

Traballo e o esforzo son os valores implícitos da Escola e que trata de transmitir aos deportitas.

Período de adestramentos da Escola

O período de adestramentos para a tempada 2026-2027 irá dende o vindeiro 19 de outubro ata o 14 de xuño.

Dentro deste período de actividade, respetaránse os tempos de vacacións escolares.

¿Qué inclúe a inscripción á Escola?

  • Aluguer da instalación.
  • Roupa da escola (camisola, suadoiro e chuvasqueiro).
  • Seguro deportivo de accidentes.
  • 10% de desconto en 11teamsport Lugo.
  • Descontos na marca de guantes Azero.
  • Descontos en eventos relacionados coa escola.